A Xunta acordou elaborar un plan de transición xeracional para evitar que se agrave o déficit de médicos e ofrecer un contrato estable de 3 anos a 60 residentes de Medicina, Farmacia e Psicoloxía que remataron a súa formación en maio. Estes contratos irían encamiñados a cubrir vacantes en 23 especialidades das sete áreas sanitarias.
A prioridade para ofrecer estes contratos serán as cualificacións universitarias e a avaliación final do período de residencia, e priorizarase a permanencia na área sanitaria en que se formaron. Alfonso Rueda explica que é unha medida máis para cubrir a falta facultativos.
A remuda xeracional tamén é un reto na Atención Primaria, o nivel asistencial con máis especialistas maiores de 60 anos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de concurso de méritos para 116 prazas para postos de difícil cobertura.
Nos próximos cinco anos uns 60 facultativos de hospital de Galicia accederán á idade máxima de xubilación, que nestes momentos está fixada nos 70 anos, malia que o Goberno galego pide elevala aos 72.