Os cines reabren este mércores en Galicia aínda que só poden ir a eles os galegos e galegas das cidades con salas polos peches perimetrais. Ao acceder deberán dar o seu nome e teléfono para seren avisados en caso dun brote de COVID-19.
As butacas volverán ter espectadores en Galicia. Uns deberán estar separados de outros por 1,5 metros, agás que sexan conviventes. Reabren cinemas, teatros, auditorios, museos… Os usuarios deberán ver a película, obra ou espectáculo coa máscara posta.
Como máximo poderá haber 250 espectadores en espazos pechados e 500 asistentes en espazos abertos. O límite en todo caso será o 30% do aforamento.
O rexistro cos datos persoais dos asistentes deberá terse custodiado un mes para ser posto a disposición das autoridades sanitarias en caso de producirse un brote de COVID-19.
Os peches perimetrais seguen deixando aínda a moitos galegos e galegas sen ocio cultural.