viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaNova achega de 60.000 euros ao deporte porriñés

Nova achega de 60.000 euros ao deporte porriñés

O Concello subvenciona con esta cantidade ao Porriño Industrial, que entra así a formar parte do cómputo total dos 476.000 euros que este ano se destinan ao principais clubs do municipio

María Gracia Paniccia, presidenta do Porriño Industrial, acompañada de Mario López, coordinador de fútbol base, asinou hoxe co concelleiro de Deportes de Porriño, David Alonso, o acordo de axuda municipal para este club consistente nunha subvención de 60.000 euros. Esta achega municipal irá destinada ao mantemento dos equipos base así como a sufragar parte dos gastos do equipo da Liga Nacional Xuvenil, mentres que o equipo da Rexional Preferente segue agardando a que se adopte unha decisión coa competición, condicionada polas restricións anti-Covid.
O Porriño Industrial conta con 15 equipos, dos cales 5 son femininos, e un total de 261 licenzas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS