sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra, Gondomar e Nigrán, os de menor presenza COVID

Salvaterra, Gondomar e Nigrán, os de menor presenza COVID

Gondomar e Salvaterra de Miño súmase a lista da incidencia inferior a 150 casos na que xa entrara Nigrán na fin de semana.

Así, Salvaterra de Miño rexistra agora 12 casos en COVID-19 entre a súa veciñanza en dúas semanas, catro menos que onte, segundo o SERGAS. En Gondomar, son seis menos ata os 19 en 14 días. Nigrán, que xa entrou na fin de semana nesta incidencia, descende nun ata os 19.

Pola contra hai catro concellos nas comarcas que aumentan, aínda que dun xeito moi lixeiro, o número de novos casos diagnosticados en dúas semanas entre a súa veciñanza: Redondela 139 (+2), O Rosal 23 (+2), Oia 12 (+1), Crecente 13 (+1). Todos eles continúan na incidencia de risco, a superior a 250 casos por cada 100.000 habitantes, ao igual que 11 municipios máis das comarcas:

O Porriño 87 (-4)

Ponteareas 79 (-6)

Mos 65 (=)

Soutomaior 63 (-14)

Tui 58 (-6)

O Tomiño 50 (-5)

Salceda de Caselas 30 (-11)

A Guarda 26 (=)

Pazos de Borbén 24 (-1)

Mondariz 23 (=)

A Cañiza 19 (-4)

Pola súa banda, son sete concellos que rexistran unha incidencia superior os 150 casos por cada 100.000 habitantes, pero que non supera a de risco:

Vigo 717 (-18)

Baiona 21 (-1)

As neves 1-9 (=)

Arbo 1-9 (=)

Covelo 1-9 (=)

Fornelos de Montes 1-9 (=)

Mondariz Balneario 1-9 (=)

 

Descende a presión hospitalaria na Área de Vigo

 

A Área Sanitaria de Vigo rexistra 1935 casos activos en COVID-19. Isto é, 94 menos que onte, segundo Sanidade. Descende a presión hospitalaria en nove persoas menos ingresadas. Son 109 en camas convencionais e 24 en Unidades de Coidados Intensivos. Con todo, nas últimas horas faleceron 5 persoas por mor do virus.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS