miércoles, noviembre 27, 2024
InicioO PaísA CoruñaUnha nova bóla de lume cruza o ceo de Galicia

Unha nova bóla de lume cruza o ceo de Galicia

Unha «enorme» bóla de lume foi visualizada este luns de entroido, ao oeste da cidade da Coruña.

Segundo precisaron varias persoas, o obxecto foi visto a grande velocidade atravesando o ceo  aproximadamente no municipio de Oleiros.

A visualización produciuse ao redor das 23:00 horas deste luns 15 de febreiro. Gloria Bello, unha veciña de Perillo que viaxaba no seu coche mirou asombrada “unha bóla enorme no ceo cun ronsel por detrás”. “Foron cousa de tres segundos”, precisou. A veciña, que detivo o coche, dixo que “ata me asustei”, e agardou uns segundos para retomar a marcha.

Neste ano producíronse moitos avistamentos destas bólas de lume, que tamén son denominadas bólidos. O que parecen estrelas fugaces moi luminosas, son en realidade rochas de orixe interplanetario que entran na atmosfera terrestre a velocidades comprendidas entre 11 e 73 km/s. Adoitan ser rochas desprendidas de asteroides, cometas ou, máis raramente, da Lúa ou Marte. Segundo os expertos, o avistamento numeroso de bólidos esta relacionado coa chegada de meteoritos, valiosas mostras de innumerables corpos do Sistema Solar.

Xa fai unha semana fora visto outro obxecto semellante nas provincias da Coruña e Lugo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS