sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA hostalería galega ao reabrir terá controladores de aforamento

A hostalería galega ao reabrir terá controladores de aforamento

Bares, restaurantes e cafeterías terán que agardar aínda para reabrir en Galicia pero cando o fagan, progresivamente e non dentro de moito tempo, segundo avanzou a Xunta, deberán indicar na entrada cantas persoas poden acceder para que os clientes saiban se poden ser atendidos ou non.

A Xunta reuniuse co sector hostaleiro este luns, logo de saber que non habería aínda respiro algún nas restricións para estes establecementos. Como mínimo deberán agardar unha semana máis. Cando volvan abrir os seus negocios, os hostaleiros deberán aplicar o plan de «hostalería segura» no que xa traballa a Xunta e o sector para unha reapertura progresiva de seguridade sanitaria.

Unha vez reaberta, os negocios de hostalaría deberán indicar na entrada ao local o límite máximo de aforamento para que os clientes saiban pódense acceder e, no interior, cumprir a distancia de 1,5 metros de separación entre as mesas.

Ademais, aínda que será opcional e non obrigatorio, o Goberno galego traballará na posta en marcha dun sistema de rexistro das entradas dos clientes, é dicir, un sistema de rastrexo que permita localizar de maneira «áxil e sinxela» aquelas persoas que estivesen en contacto no local cun positivo por covid-19 e ante un brote poder proceder ao seu illamento.

A Xunta adianta tamén que aplicará un plan de control para garantir o máximo cumprimento das normas adoptadas polas autoridades sanitarias para previr a covid-19 nos establecementos de hostalaría. Para poder aplicalo precisará  da colaboración dos concellos e das forzas e corpos de seguridade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS