domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO País600 enquisas e 60 expertos para elaborar o Plan Estratéxico da Cidade...

600 enquisas e 60 expertos para elaborar o Plan Estratéxico da Cidade da Cultura

A Xunta de Galicia vén de iniciar a elaboración do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, a folla de ruta que marcará a dirección do Gaiás durante o período dos próximos sete anos (2021-2027).

Nas próximas semanas desenvolverase un programa de traballo no que participarán 60 expertos, especialistas nas diferentes áreas nas que opera a Cidade da Cultura (cultura, tecnoloxía, turismo, emprendemento, natureza…), e tamén coa previsión de escoitar a opinión da cidadanía a través de 600 enquisas online.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade subliña a importancia de levar a cabo un proceso aberto, participativo e que incorpore a expertos, de tal xeito que as conclusións respondan ao que a sociedade agarda dun complexo cultural que este pasado xaneiro cumpriu os primeiros dez anos de vida desde a súa apertura ao público e que vén de ser elixido como mellor proposta cultural de Galicia en 2020 polo Observatorio da prestixiosa Fundación Contemporánea.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS