viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeDeportesLete Lasa acude o control de atletas sub-10 en Vigo, con 200...

Lete Lasa acude o control de atletas sub-10 en Vigo, con 200 participantes

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe ao control de atletismo Xunta de Galicia organizado pola Federación Galega de Atletismo celebrado no módulo cuberto de atletismo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), inaugurado o pasado 20 de febreiro. 

Este control, que contou con ao redor de 200 participantes, estivo dirixido a atletas de todas as categorías dende sub-10 ata os absolutos con marcas xa homologadas e válidas para o ránking nacional.

Este control ten lugar tan só dúas semanas despois da primeira proba oficial celebrada no IFEVI cando se levou a cabo o control para os atletas sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS