sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia volve superar os 1.000 hospitalizados por COVID-19

Galicia volve superar os 1.000 hospitalizados por COVID-19

Despois de que na semana pasada Galicia lograra baixar do milleiro de ingresados por COVID-19, este luns Sanidade notifica que os hospitais galegos sumaron 19 novos hospitalizados diagnosticados de coronavirus. Son 1.016 ingresados; 792 en planta (+17) e 224 en UCI (+2).

Sanidade fala de «respiro» nas restricións  pero nunca de desescalada e aos datos se remiten. O número de hospitalizados nas UCI en Galicia é de 224, por riba do pico de marzo. Ademais a Consellería de Sanidade advirte que cada vez son máis novas as persoas ingresadas nos hospitais e tamén as que polo seu estado grave pasan a unidades de críticos.

Por este motivo, Galicia non se plantexa a desescalada, tendo en conta ademais a incerteza que causa a cepa británica, máis contaxiosa.

Galicia ten agora  13.052 casos activos (-693), tras 350 novos positivos en covid-19 diagnosticados onte, 345 confirmados a través de PCR. É unha boa cifra tendo en conta que supón 6.000 casos menos que fai unha semana.

Todas as áreas sanitarias galegas baixan os seus casos positivos e, por fin a coruñesa, baixa dos 4.000 contaxiados:

A Coruña: 3.964 (-182)

Vigo: 2.029 (-111)

Santiago: 1.689 (-123)

Pontevedra: 1.725 (-62)

Ourense: 1.217 (-95)

Lugo: 1.171 (-65)

Ferrol: 1.257 (-55)

Na última xornada notificáronse 10 novos falecementos de persoas diagnosticadas de COVID-19. Polo que desde o inicio da pandemia morreron en Galicia 2.096 persoas de coronavirus.

A taxa de positividade sitúase no 5,09%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS