sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísOs contaxios en Galicia baixaron un 63% desde o inicio das restriccións

Os contaxios en Galicia baixaron un 63% desde o inicio das restriccións

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicará mañá o novo plan de desescalada que comezará o próximo mércores tras o remate das medidas de restricción que se implantaron en toda a comunidade o 28 de xaneiro. Desde esa data ata hoxe, hai 7.868 diagnósticos menos por Covid-19.

O día que comezaron as restriccións máis duras en Galicia, co peche da hostalaría e do comercio non esencial ás 18 horas, así coma os peches perimetrais por Concellos, entre outras medidas, o Sergas rexistraba 21.613 positivos por coronavirus en toda a comunidade galega. Na xornada de hoxe, son 13.745 os galegos e galegas contaxiadas por Covid-19.

Pero, aínda que os casos activos descenderon en todas as áreas sanitarias, non ocorre o mesmo cos pacentes en Unidades de Coidados Intensivos. O 28 de xaneiro había 193 persoas na UCI por coronavirus e na xornada de hoxe son 222. Pola contra, hai 311 pacentes menos ingresados en unidades hospitalarias. Hoxe son 775, fronte aos 1.086 de fai tres semanas.

Tras estas tres semanas de restriccións para conter o avance da pandemia, o pico de contaxios anotouse o 31 de xaneiro, con 22.608 galegos infectados.

O comité clínico do Servizo Galego de Saúde reúnese mañá para volver a analizar os datos e logo o presidente da Xunta anunciará o plan de desescalada. Aínda que se esperan medidas de alivio, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou hoxe, en declaracións á Radio Galega, que a hostalaría aínda terá que agardar para abrir.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS