sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoA Plisan comeza a alzar o voo

A Plisan comeza a alzar o voo

A Plisan comeza a alzar o voo. Así o di o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na colocación do primeiro bloque da conserveira Albo.

O titular galego congratulouse de que a Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves pasara de ser «o lío da Plisan a ser o que agora é». Outras autoridades como o vicepresidente económico, Fransico Conde, a subdelegada do goberno, Maica Larriba, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Varcárcel, e o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, entre outroas, estiveron tamén presentes. Precisamente, Regades fixo fincapé en que «este é o pincipio da Plisan».

Pola súa banda, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, valora este inicio como «un revulsivo de emprego para o municipio e para a comarca». Foi a subdelegada do goberno, Maica Larriba, quen calificou a entrada de Albo na Plisan como «a uníon de tradición e modernidade»

Hijos de Carlos Albo poroducirá 100 toneladas por día e creará 25 novos postos de traballo cun investimento de 29 millóns de euros. A Plisan é a maior bolsa de chan industrial de Galiccia, con tres millóns de metros cadrados de superificie.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS