sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasVigoAs heroínas da Illa de San Simón

As heroínas da Illa de San Simón

O Concello de Redondela desenvolverá dende abril, e ao longo de todo o 2121, unha serie de actos en homenaxe ás mulleres que construíron unha rede solidaria de axuda aos represaliados prisio-neiros da Illa de San Simón.

A inauguración, o 14 de abril, dunha escultura realizada pola escola de cantería da Deputación de Pontevedra, é un dos actos previstos polo Concello de Redondela neste 2021 en homenaxe ás mulleres da illa de San Simón que durante a Guerra Civil e a posguerra construíron unha rede solidaria de axuda aos centos de represaliados prisioneiros na illa redondelá.
Dende o consistorio veñen de presentar unha serie de actos cuxa previsión é que comecen en abril, sempre supeditados á evolución da pandemia da Covid, e se estendan durante o resto do ano con exposicións fotográficas itinerantes, de xeito que cheguen a todas as parroquias e a elaboración de curtametraxes con entrevistas ás mulleres ou familiares para posteriormente elaborar unha ampla reportaxe.
A escultura será situada na zona do Alto da Concheira, preto de Rande, lugar coincidente cun dos puntos negros da represión franquista, pois máis de vinte persoas apareceron fusiladas neste lugar.
Buscando que os nenos tamén sexan partícipes desta homenaxe, para as idades escolares o Concello anunciou a celebración de diversas actividades e a compra de exemplares do libro “A lavandeira de San Simón” de Eva Mejuto.
Tal e como sinalou o técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez, o programa darase a coñecer a medida que a evolución da Covid-19 vaia permitindo a realización das actividades.

Artículo anterior
Artículo siguiente
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS