Sortea entre os seus clientes vales de compra por importe de 20, 50, 100 e 300 euros
Xuntos incluso na distancia, así presenta a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) a campaña lanzada con motivo dos día dos Namorados. As persoas que realicen unha compra, dun importe mínimo de 10 euros e con prazo ata este domingo14 de febreiro, nos establecementos participantes (identificados cun cartel) entran no sorteo de vales de compra de 20, 50 100 e ata 300 euros. Só é preciso sacarlle unha foto ao tícket e envíala por WhatsApp ao número de teléfono 686 184 561. O sorteo realizarase o luns (15) e ao día seguinte, martes 16, farase pública a listaxe de gañadores.
Dende Aceba indican que “este ano a campaña xira, por un lado, sobre a diversidade e as distintas maneiras de amar e, por outro, remarcar a mensaxe de que manterse a salvo da Covid e protexer aos que máis queremos é a mellor mostra de amor”.