O concello de Arbo volve a rexistrar a incdiencia de risco superior a 250 casos por cada 100.000 habitantes, logo de rebaixala na xornada anterior.
Deste xeito, o municipio volve a situase na zona de risco ao igual que os demáis concellos das comarcas, agás Nigrán, Gondomar, Fonelos de Montes e Baiona. Estes últimos teñen unha incdiencia inferior a 250 casos por cada 100.000 habitantes
Arbo 7-9
Nigrán 30 (-5)
Gondomar 29 (-2)
O concello que continúa liderando a tendencia descendente é o de Ponteareas con 34 menos que onte, segundo o SERGAS. En total, 128 positivos entre a súa veciñanza. O único municipio das comarcas que aumenta nos novos casos é o de Crecente cun máis ata os 15.
O Porriño 114 (-17)
Tui 95 (-5)
Salceda de Caselas 56 (-11)
Mondariz 29 (-9)
Mos 68 (-9)
Soutomaior 111 (-8)
Redondela 177 (-7)
Salvaterra de Miiño 28 (-7)
A Guarda 25 (-6)
A Cañiza 38 (-5)
Nigrán 30 (-5)
Tomiño 69 (-5)
O Covelo 10 (-4)
Oia 14 (-3)
As Neves 12 (-2)
O Rosal 25 (-1)
Pazos de Borbén 33 (-1)
Vigo 929 (-109)
Os colexios Altamira e Los Sauces son os máis afectado das comarcas
Son catro positivos máis en COVID-19 que onte no colexio Altamira de Salceda de Caselas. O SERGAS vén de realizar un cribado alí entre o seu alumnado e profesorado pola súa alta incdiencia. Un cribado no que saberemos, nas próximas horas, os resultados. Polo de agora, son 20 positivos confirmados por Sanidade. É un dos colexios máis afectados xunto con Los Sauces de Mos, que ten 20 casos igualmente.
Ponteareas é o concello con máis positivos en COVID-19 vencellados aos centros escolares con 39, tres menos que onte e en Mos son 32. En redondela, 30.