A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño e Abanca veñen de renovar o seu acordo de colaboración que ten como obxectivo impulsar e manter os negocios locais no marco da situación social e económica xerada pola crise sanitaria.
No documento reflíctese a posta a disposición dunha serie de servizos e produtos financeiros que permitirán dar resposta ás necesidades das empresas, sempre coas mellores condicións. Así, contarán con produtos deseñados de forma específica para poñer en marcha novos proxectos empresariais , pero tamén para mellorar a competitividade dos existentes. Por isto, Abanca ofrece unha serie de préstamos e outras opcións de financiamento como as pólizas de crédito, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial .
Ademais, para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán á súa disposición o servizo de financiamento a prazos que lles ofrece o banco, co que poderán financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.