viernes, noviembre 22, 2024
InicioO PaísPontevedraDesarticulado un punto de venda de drogas en Caldas de Reis

Desarticulado un punto de venda de drogas en Caldas de Reis

No rexistro dunha vivenda, próxima a un centro de ensinanza, a Garda Civil atopou distintas cantidades de haxix e marihuana ademais de 11.500 euros en efectivo. Conclúe así a operación “Jarangun”.

 A investigación iniciouse no mes de agosto de 2020, tras constatar a posible existencia dun puno de venda de drogas na contorna dun centro escolar. As sospeitas despexáronse cando se comprobou que un domicilio era frecuentemente visitado por consumidores de sustancias psicotrópicas, co consecuente incremento da inseguridade, ademais de alarma social entre pais, alumnado e persoal docente.
Como resultado das investigacións detivéronse a dous varóns de 52 e 28 anos, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas. Os detidos, xunto cos efectos intervidos, foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, quen ordenou a súa posta en liberdade coa obriga de comparecer cando sexan requiridos.
O operativo concluíu coa entrada e rexistro neste domicilio que se levou a cabo coa autorización xudicial, onde se incautou medio quilo de haxix, e outro tanto de marihuana, ademais de 11.500 euros en efectivo, dúas básculas de precisión, útiles para o envasado e almacenaxe da droga, tres teléfonos móbiles, dous ordenadores portátiles, así como unha escopeta de repetición simulada, un fusil de asalto de airsoft e unha pistola de aire comprimido.
O operativo contou cunha importante colaboración da policía local de Caldas de Reis, sendo ademais destacable a colaboración cidadá.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS