lunes, noviembre 25, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboOs fiscais rematan hoxe a presentación do seu caso contra Trump

Os fiscais rematan hoxe a presentación do seu caso contra Trump

Os fiscais do xuízo político da Cámara de Representantes rematan hoxe de argumentar o caso de que o expresidente Donald Trump incitou a unha insurrección. Isto sucede un día despois de amosar imaxes de vídeo perturbadoras do ataque ao Capitolio, instando aos senadores a declaralo culpable.

As imaxes nunca antes vistas de cámaras de seguridade do Capitolio obligaron aos senadores a revivir o desgarrador ataque e enfrontar novos e etarrecedores detalles sobre a incriblemente seria ameaza que representou para todos no Capitolio, incluídos os e as lexisladoras.

Segundo informa CNN, varios senadores republicanos deixaron claro o mércores pola noite que estaban conmovidos polo que viron,  mais aínda así sinalaron que non mudarán o xeito no que planean votar, mentras Trump parece encamiñarse cara á absolución ao fin do xuízo político.

O senador republicano Mike Braun, de Indiana, dixo que o vídeo é «fascinante» e dixo que «é tan difícil de aceptar, tanto agora como entón».

Cando se lle preguntou se a presentación do mércores afectará ao xeito en que votará, Braun respondeu: «Non, porque vin, creo, a maior parte», e agregou: «Creo que é bo revisalo, mais non sei se iso vai marcala diferencia para calquera senador, sinxelamente por volvelo ver novamente».

O senador republicano Chuck Grassley, de Iowa, dixo: «É un pouco difícil describir» ao referirse aos vídeos amosados no Senado, calificándoos de «situación horrenda». Pero cando se lle preguntou se tería un efecto no seu voto, dixo: «Escoita, debo sopesar toda a información».

Ademais de transmitir o vídeo, os fiscais pasaron grande parte do primeiro día argumentando que Trump participou nunha campaña de meses de mentirlles aos seus partidarios dicindo que as eleccións foron roubadas, o que provocou a súa furia pola falsa crenza de que os resultados foron fraudulentos e os incitaron a interromper violentamente a transferencia pacífica do poder.

«Donald Trump cometeu un crime masivo contra a nosa Constitución e o noso pobo, e a peor violación do xuramento presidencial do cargo», dixo o representante Jamie Raskin, fiscal principal do xuízo político. «Debe ser condenado polo Senado de Estados Unidos».

Unha vez que os fiscais conclúan a súa presentación o xoves, a equipa legal do expresidente poderá comezar a súa refutación.

Os avogados de Trump, Bruce Castor e David Schoen, terán ata 16 horas -durante dous días- para presentar un caso máis detallado contra o cargo de xuízo político a partir do venres, malia que non se agarda que empreguen todo ese tempo.

O mércores, Castor restou importancia ao vídeo para o xuízo, dicindo que os fiscais da Cámara de Representantes non conectaron os actos dos axitadores co expresidente.

«Non vin nada que non soubera. Sabemos que unha turba chegou ao Capitolio e causou estragos no edificio. Estou agardando que o conecten co presidente Trump e polo de agora non sucedeu», dixo o avogado de Trump.

Cando se lle preguntou se lle preocupa que o vídeo teña un impacto emocional no xurado, dixo: «Tería un impacto emocional en calquera xurado. Pero hai dúas caras da moeda e non xogamos a nosa aínda».

A equipa legal de Trump argumentou, por agora, que os fiscais da Cámara están a ignorar os comentarios de Trump o 6 de xaneiro de que as protestas deben ser pacíficas, mentres afirma que o seu chamado aos partidarios a loitar era un discurso político figurativo protexido pola Primeira Enmenda.

Unha vez que conclúa a equipa de Trump, o Senado terá ata catro horas para facer preguntas por escrito aos equipos legais, e logo os fiscais da Cámara poderían solicitar unha votación para escoitar ás testemuñas. Pero aínda non está claro se planean facelo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS