viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísSegundo plan de rescate da Xunta: 75 millóns de euros para os...

Segundo plan de rescate da Xunta: 75 millóns de euros para os sectores afectados

O plan está dirixido a persoas traballadoras autónomas, microempresas, hostalería e outras actividades pechadas desde xaneiro.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación, no Consello da Xunta, do segundo Plan de rescate, dotado con 75 millóns de euros e baixo a previsión de abrir a próxima semana o prazo de solicitudes. Cómpre salientar, dixo Feijóo,  que as axudas do segundo plan de rescate son compatibles e acumulables coas do primeiro, en virtude do cal se aboaron máis de 33.605 axudas en tempo récord, por un importe de 69 millóns de euros. “Todas as axudas que cumpriron os requisitos foron pagadas”, incidiu.

Nesta liña, como exemplo, precisou que o 60% desta cantidade foi destinada ás axudas solicitadas polo sector da hostalería, en concreto, 38,8 millóns de euros. Deste xeito, Feijóo resaltou que un negocio ou establecemento que se beneficie do primeiro e do segundo Plan de rescate podería percibir un mínimo de 3.400 euros (sumando os 1.500 euros de axuda mínima do primeiro plan e os 1.900 do importe mínimo da segunda convocatoria) ata un máximo de 24.200 euros (8.500 máximo do primeiro plan e 15.700 do segundo).  

Máis polo miúdo, e dentro da primeira liña, Feijóo destacou un programa para axudar ás persoas traballadoras autónomas, ao que se destinarán 30 millóns de euros, con apoios de entre 1.200 e 3.000 euros.O segundo programa dentro desta liña, dotado con outros 30 millóns, estará dirixido a microempresas e o apoio económico irá de 4.000 a 9.000 euros.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS