As farmacias da provincia de Pontevedra colaboran co SERGAS para recoller mostras de saliva co fin de detectar persoas asintomáticas
Co obxectivo de incrementar a capacidade de detección de novos casos en COVID-19, o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra colabora con Sanidade. As boticas recollen mostras de saliva de persoas de entre 40 e 64 anos de idade para, posteriormente, envialas ao laboratorio de Microbioloxía do Meixoeiro. Alí, analizaranse mediante a técnica do pooling.
A poboación diana son persoas entre 40 e 64 anos, tal e como o explicou a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, en conferencia de prensa. Entre outros criterios, os cidadadáns e as cidadás deberán dispoñer de tarxeta do SERGAS e non poden presentar síntomas compatibles coa COVID-19.
As farmacias adheridas ao covenio poden recoller entre 10 e 20 probas ao día. 80 á semana, segundo os datos do Colexio. O cribado, que é voluntario, consiste na recollida de mostra nun «kit» tal e como o explica a farmacéutica María José Reboreda.
O cribado nas boticas da pronvincia comezou o martes nove de febreiro e durará, cando menos, dous meses. Son 382 as farmacias que se adheriron ao convenio, preto do 89% do total.
Nas comarcas, adheríronse as farmacais de todos os concellos co fin de detectar persoas asintomáticas en COVID-19 e tentar frear o avance da pandemia na comunidade.