viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísGalicia ten o récord de ingresos en UCI de España

Galicia ten o récord de ingresos en UCI de España

Galicia está á cabeza do Estado en ingresos en UCI por COVID-19 na última semana. Dos 439 novos ingresos en UCI rexistrados en España, 105 producíronse en Galicia.

Os datos do Ministerio de Sanidade indican que os 105 ingresos en unidades de coidados intensivos que tivo Galicia na última semana, supoñen o dobre dos que tivo a segunda autonomía no ránking, Andalucía con 50 pacientes ingresados en UCI na última semana.

Autonomías como Madrid e Cataluña, só rexistran 15 e 11 ingresos, respectivamente. Á cola atópase País Vasco, que tivo tres.

Respecto ás hospitalizacións, Galicia tivo 603 por coronavirus nos últimos sete días –os pacientes que precisaron UCI tamén computan aquí–. Esta cifra é a segunda maior entre autonomías, por detrás de Andalucía (1.183). O número global de España é de 5.348.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS