viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasGondomar e Nigrán saen da zona de risco pola súa incidencia

Gondomar e Nigrán saen da zona de risco pola súa incidencia

O Concello de Nigrán e o de Gondomar son os dous primeiros da área en saír da zona de risco, superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.

Segundo os datos facilitados polo SERGAS, son 33 novos casos diagnosticados en COVID-19 entre a súa veciñanza en dúas semanas en Gondomar polo que a súa incidencia a 14 días é de 224. En Nigrán, 40 positivos en 14 días e sitúa a súa incidencia en 225.

Así todo, a área continúa á baixa no seu conxunto, agás O Porriño, que aumenta en nove máis ata os 138 positivos en dúas semanas, Mondariz aumenta en dous máis ata os 49, en Baiona son 35, un máis que onte e en Mos, que ascende ata os 86. Os municipios das comarcas continúan na incidencia de risco. 

O municipio que máis descende o número de novos casos entre os veciños e as veciñas é o de Ponteareas con 10 menos que onte, segundo o SERGAS. En total, 192. Afástase, así, da cifra dos 200 en dúas semanas.

Tui 116 (-9)

Redondela 121 (-9)

O Rosal 27 (-6)

Salvaterra de Miño 48 (-5)

A Guarda 43 (-5)

O Tomiño 73 (-4)

As Neves 16 (-4)

Soutomaior 140 (-4)

A Cañiza 60 (-3)

Oia 18 (-1)

Salceda de Caselas 80 (=)

Pazos de Borbén con 35 (=)

O Covelo 18 (=)

Arbo 1-9 (=)

Fornelos de Montes 1-9  (=)

Mondariz Balneario 1-9 (=)

Catro persoas asintomáticas no cribado de Soutomaior

O cribado masivo no Concello de Soutomaior detecta a cinco persoas asintomáticas con COVID-19. Así o vén de facer público o concello, con fontes do SERGAS. En catro días, realizaronse un total de 1973 probas polo que a taxa de positividade é o do 0,25%, segundo apuntan.

A participación foi caso deo 70% das persoas que estaban convocadas por Sanidade. En concreto, acudiron o 68,4% das máis de 2.000 persoas chamadas a participar de entre 40 e 70 anos.

Neste contexto, o alcalde, Agustín Reguera, valorou de forma moi positiva «o compromiso» da veciñanza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS