domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda prepara bonos para reactivar o comercio

A Guarda prepara bonos para reactivar o comercio

O Concello da Guarda está ultimando as bases dun novo paquete de axudas dirixidas ao comercio, servizos e hostalaría da vila.

Estas axudas estarán directamente vencelladas a una campaña na que se fomentará o consumo local coa posta en circulación de bonos de compra que poderán ser utilizados pola cidadanía nos establecementos de hostalería, comercio ou servizos que desexen adherirse e cumpran os requisitos de participación. A iniciativa será similar á que tamén está aplicando Tui para impulsar as compras no comercio local.

Ademais, durante as próximas semanas abrirase a convocatoria para que os negocios de hostalería, comercio e servizos poidan beneficiarse de axudas directas que lles axuden a sufragar os gastos engadidos que a pandemia está a xerar nos seus negocios, como pode ser a compra de hidroxel, mamparas ou outros elementos de protección.

A hostalería maniféstase

As restricións para conter a pandemia da COVID-19 están prexudicando gravemente a hostalería guardesa, que o sábado saíu a rúa para solicitar indemnizacións. A manifestación estivo organizada pola plataforma “Hostalería Guardesa”, que convocou unha caravana de coches que percorreu as principais rúas da vila. En total participaron preto de 200 vehículos, tanto de hostaleiros coma do sector da distribución. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS