Numerosos veciños e veciñas de Ponteareas amosan o seu abraio pola distribución nas redes sociais doutra festa ilegal.
Os veciños e veciñas de Ponteareas sorprendéronse a pasada fin de semana coa nova doutra festa privada celebrada nun piso do centro da localidade, e cuxas imaxes foron distribuídas a través dunha rede social.
A festa celebrouse o venres, mentres a incidencia da COVID en Ponteareas era de 1020 por cada 100.000 habitantes, cun total 234 infectados.
Un veciño denunciou esta festa, na que ningún dos asistentes levaba máscara. Un único mozo dos que aparece nas imaxes si a levaba, mais no pescozo.
Segundo este veciño, asistiron máis de 15 persoas e as imaxes foron difundidas nas redes sociais.
Non é a única festa que se celebra, nun momento no que manter a distancia social é o principal antídoto contra a Covid-19. Si Radio chama á responsabilidade.