Son máis de 350 as farmacias da provincia de Pontevedra as que recollen xa mostras de saliva para detectar positivos de COVID-19 asintomáticos. Poderanse sumar máis nos próximos días.
Despois do acordo a semana pasada entre o Colexio de Farmacéuticos e a Consellería de Sanidade, as boticas fan xa de maneira xeralizada estas probas, facilitan test de saliva de forma totalmente gratuíta. Os tubos recóllense e teñen un código de barras. A mostra debe tomarse na casa, antes de almorzar e entregarse antes das 10.30 horas. Os negativos notificaranse por SMS e os positivos a través dunha chamada para que esas persoas se sometan a continuación a unha proba PCR que confirme o positivo.
Para solicitar a proba hai que ter entre 40 e 64 anos, aínda que poderá ampliarse o rango de idade nun futuro.