viernes, noviembre 22, 2024
InicioPenínsula e mundoEspaña"O goberno abdicou e as Comunidades deron un paso ao fronte"

«O goberno abdicou e as Comunidades deron un paso ao fronte»

Alberto Núñez Feijoo participou nun encontro por videoconferencia co líder do PP, Pablo Casado, e o candidato á Generalitat, Alejandro Fernández.

No encontro virtual, no que tamén participaron outros presidentes autonómicos do Partido Popular, Núñez Feijoo asegurou que «o Goberno central abdicou na xestión da pandemia e as Comunidades Autónomas foron quen de dar un paso ao fronte» no momento «máis duro logo da Guerra Civil». Insistiu o presidente galego en que o executivo de Sánchez «non fixo caso ás persoas que quixeron arrimar o ombreiro».

Núñez Feijoo referiuse ás eleccións catalás e dixo que “o candido do goberno non é a persoa adecuada para xestionar a crise sanitaria, económica, social e existencial como a que vive Cataluña”e aludiu aos pactos no Congreso cos grupos independentistas. Manifestou, neste senso, que desexa unha “Cataluña libre de populismos de todo signo, de políticos que xeran problemas e que se empeñan en dar carnés de bos e malos á cidadanía”. E calificou ao candido popular como “catalanista pero tamén profundamente consitucionalista”.

.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS