viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO BNG solicita que a tramitación da AP-9 sexa pola vía de...

O BNG solicita que a tramitación da AP-9 sexa pola vía de urxencia

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Congreso a solicitude para que a tramitación da autoestrada sexa pola vía de urxencia

 Anunciouno o deputado nacionalista Néstor Rego en Santiago de Compostela. Na capital galega, o BNG iniciou unha «campaña informativa» na que esixen a baixada das peaxes da autoestrada, «que foi un acordo co Executivo central». Alí tamén estiveron as concelleiras Goretti Sanmartín e Navia Rivas e a parlamentaria Iria Carreira.

Explicou Rego que o obxectivo é que “para que antes do verán poida estar competada a tramitación e a transferencia da ap9 como  primeiro paso para unha xestión desde Galiza con criterios social e medioambiental e cunha perspectiva futura de que a autoestrada poida ser galega e libre de peaxes”. Insistiu o deputado nacionalista en que «non hai razón ningunha para que o goberno central demore o decreto para poñer en vigor os descontos nas peaxes da AP9».

Defensa no Congreso

Represantes do Parlamento de Galicia defenderon no Congreso a transferia da AP-9 o pasado dous de febreiro. Acudiron á Cámara Baixa o popular Diego Calvo, a nacionalista Ana Pontón e o socialista Gonzalo Caballero. A toma de consideración da proposición de lei para traspasar á Xunta de Galicia a titulariedade e as competencias da autoestrada saiu a diante co apoio dos principais grupos políticos agás da formación de ultradereita Vox.

O popular Diego Calvo defendeu que é a adminsitración autonómica a que pode xestionala dun xeito máis eficaz

A nacionalista Ana Pontón calificouna como de «estafa legalizada» e lembrou que é máis caro ir de Vigo á Coruña que de Vigo a Madrid.

O socialista Gonzalo Caballero di que «non queremos baleirar o Estado» e falou de «cogobernanza»

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS