domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os casos activos pero soben os ingresados en UCI

Baixan os casos activos pero soben os ingresados en UCI

Galicia baixa dos 22.000 casos activos de COVID-19; ten 21.686 infectados, pero esta baixada aínda non se reflexa nas UCI, con 251 ingresados, catro máis.

Galicia baixa os seus casos activos significativamente por primeira vez tras un mes de subas constantes. Ten 21.686 persoas contaixadas de COVID-19, son 713 menos que o día anterior. Aínda que os contaxios diarios seguen sendo por riba do milleiro (1.021 nas últimas 24 horas) as altas foron máis, 1.708. De feito baixaron os casos activos nas sete áreas sanitarias galegas.

Por áreas sanitarias os casos activos repártense así:

• A Coruña: 5.713 (-132)

• Vigo: 3.647 (-183)

• Santiago: 3.339 (-79)

• Ourense: 2.578 (-152)

• Pontevedra: 2.576 (-37)

• Lugo: 2.023 (-82)

• Ferrol: 1.810 (-48)

coronavirusSARS COV 2Nos hospitais galegos hai  1.289 persoas hospitalizadas diagnosticadas de coronavirus (-28): 1.038 en planta (-32) e 251 nas UCI (+4).

As mortes non cesan. Chegan xa aos 1.910 falecementos, logo de que o Sergas notificara o pasamento de 30 persoas por mor da COVID-19 nos últimos días, 16 correspondentes á xornada de onte. Todas elas con patoloxías previas, segundo o Sergas.

A positividade mantense no 7,49 %, o que significa dous puntos e medio por riba do recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Fixéronse 11.672 probas PCR (-1.327), das cales deron positivo 874, 217 menos ca onte.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS