O Ministerio de Sanidade comprometeuse a distribuír as vacinas en función da «poboación diana» polo que Galicia terá vacinas necesarias para os seus maiores de 80 anos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou o calendario de vacinación contra o coronavirus da Xunta en función das doses que vaian chegando. A vindeira semana a Xunta agarda completar a segunda dose en todas as residencias de maiores, agás nas que pola existencia dalgún gromo non se puidera.
A partir do 8 de febreiro comezará a administración da vacina para o persoal sanitario que non atenda directamente pacientes de covid, e antes do 15 de febreiro quedarían vacinados coas dúas doses os 21.000 sanitarios de primeira liña, segundo o presidente.
Será a partir de mediados de febreiro, cando comece a vacinación dos maiores de 80 anos e dos profesionais e usuarios dos centros de día. Segundo o presidente da Xunta, se continúa o actual ritmo de chegada de vacinas, a principios de maio estaría inmunizada toda a poboación maior desa idade residente en Galicia, que representa o 8,3 por cento do total. Iso, «no escenario máis pesimista», dixo Núñez Feijóo.
O xefe do Goberno autonómico explicou que durante o mes de marzo Galicia recibirá 113.000 vacinas de Pfizer, que se corresponde co 8,3 por cento do total que vai repartir o Ministerio de Sanidade.
A estas vacinas, agregou, haberá que engadir as que Galicia reciba de Moderna, que permitirán, en función da dotación recibida, axilizar a vacinación; non tanto así as de AstraZeneca, xa que neste último caso non está previsto que se vaian a usar para os maiores de 80 anos.
Alberto Núñez Feijóo: