Os expertos que asesoran a Galicia nesta pandemia consideran que o País tería chegado ao seu pico de contaxios.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejóo, asegura que todo parece indicar que podemos ter superado o pico de contaxios desta terceira onda. Con todo aclara que non é «unha noticia para tranquilizarnos definitivamente», mais si para «a esperanza». Queda a batalla da presión hospitalaria e a mortalidade nas próximas semanas.