jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísConvocan 1050 prazas para os cursos preparatorios do Celga

Convocan 1050 prazas para os cursos preparatorios do Celga

A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ven de convocar os cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga para o ano 2021 que inclúe ata 1050 prazas, nas modalidades presencial e en liña.

Os cursos poderanos solicitar todas as persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria a partir deste xoves, día 4, e ata o vindeiro 24 de febreiro. O formulario de solicitude e o procedemento PL600A están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As dúas modalidades darán comezo o 15 de marzo e desenvolveranse ata o 6 de maio cunha carga lectiva total de 70 horas. Cunha total adaptación á situación derivada da COVID-19, a convocatoria deste ano, que ofrece un total de 33 cursos formativos, incide especialmente na formación en liña, cunha oferta de 27 cursos destinados ao catro niveis de coñecemento do galego que se poden acreditar mediante exame oficial (Celga 1, 2, 3 e 4). Con todo, para quen así o quixera e de permitilo a situación sanitaria, mantén un mínimo de seis cursos presenciais -preparados para a súa adaptación á modalidade virtual, se for preciso- repartidos entre as catro provincias e preparatorios dos niveis que abranguen habitualmente un número maior de solicitudes, o 3 e o 4.
O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS