viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO PSOE considera lamentable que se vacinara a responsable de DomusVi

O PSOE considera lamentable que se vacinara a responsable de DomusVi

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, cualificou de “inadmisible e lamentable” que a conselleira delegada do imperio xeriátrico DomusVi tivera recibido a vacina do coronavirus.

A administración de esta vacina a responsable de DomusVi, Josefina Fernández, e o seu hirma, Pedro Fernández, foi dada a coñecer por un medio dixital da capital de España. Arangüena anunciou, logo de coñecer a noticia, que o Grupo Socialista pediralle explicacións por este feito ao goberno galego no próximo Pleno do Parlamento.
O responsable socialista considera este feito un “insulto á cidadanía, aos traballadores e ás vítimas desta enfermidade”. Sinala que “en tempos de pandemia é máis necesaria que nunca a ética e a exemplaridade públicas”, e chama a “evitar calquera tipo de dúbida sobre favoritismos no proceso de vacinación nun momento tan grave”.
Alertou da “espiral crecente de irregularidades” que se está a coñecer en Galicia co subministro de vacinas contra a covid, en alusión a que “cando Feijóo dicía que só había 20 irregularidades en Pontevedra e ningún alcalde do PP, os sindicatos denuncian 200, coñecemos casos tamén en Bueu, a alcaldesa de Boimorto e, agora, a conselleira delegada de DomusVi”.
Arangüena explica que esta persoa “é a máis alta directiva do grupo xeriátrico, aparte de millonaria accionista, e polo tanto non é persoal asistencial que deba ter contacto con ningún dos residentes, e nin sequera cos traballadores e traballadoras das residencias”. Considera que a súa vacinación é “un sarcasmo”, en alusión “ao que ten sucedido nestas residencias que suman máis do 20 por cento dos falecidos por coronavirus en Galicia”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS