O Ministerio de Sanidade notifica 31.596 novos contaxios e 565 falecementos por mor da COVID-19.
Segundo os datos que aportan as Comunidades Autónomas ao Ministerio, son 565 persoas as que faleceron por mor da COVID-19 en España e 31.596 novos contaxios na última xornada. Con estas cifras, a incidencia baixa ata os 814,82 por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.
A Comunidade Valenciana, Castela e León, A Rioxa, Castela-A Mancha e Melilla superan a incidencia dos 1000 casos segundo a súa poboación.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anuncia a chegada de vacinas no mes de febreiro: 1.779.570 de Pfizer, 412.000 doses de Moderna e 1.810.575 de AstraZeneca.
Darias explica que limítanse os voos procedentes de Brasil, Sudáfrica e Reino Unido durante, cando menos, 14 días. Co obxectivo de «estar en máxima alerta coas variantes».