Unha xuntanza de cinco amigos para faceren botellón en Pontevedra acabou en multas de 600 euros para cada un deles por tratarse dunha reunión de non conviventes, e a maiores dous deles terán que pagar outros 600 euros máis por seren de Poio e de Marín e saltar o límite perimetral vixente.
As inmediacións da rúa Tablada en Pontevedra é un lugar frecuentado por mozos e mozas para reunirse. A veciñanza quéixase reiteradamente porque moitos deles non levan máscara ademais de non seren conviventes.
Con todo, é segundo a Policía Local de Pontevedra unha excepción, posto que segundo os axentes a mocidade estase comportando de xeito exemplar, e os que saltan as normas son moi poucos.