lunes, diciembre 30, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboO estado de emerxencia por COVID en Tokio prolóngase ata o 7...

O estado de emerxencia por COVID en Tokio prolóngase ata o 7 marzo

Así o decidiu o goberno nipón para intentar frear a acumulación de pacientes graves e rebaixar a presión sobre o sistema sanitario, pese á redución de casos.

A extensión da alerta sanitaria, vixente dende comezos de xaneiro, afectará a dez das 47 prefecturas do país: Tokio, Chiba, Kanagawa, Saitama, Aichi, Gifu, Osaka, Kioto, Hyogo e Fukuoka, explicou o primeiro ministro xaponés, Yoshihide Suga, no Parlamento nacional.
Tokio é a sede dos próximos Xogos Olímpicos, que foron retrasados de 2020 a 2021 pola pandemia eque está previsto que se inauguren o 23 de xullo, cos Paralímpicos a partir do 24 de agosto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS