viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoS.González: "Repítese o erro na fronteira 8 meses despois"

S.González: «Repítese o erro na fronteira 8 meses despois»

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explica que as retencións na fronteira eran de máis de 8 kilómetros. «Volvese a repetir o erro», di González.

A alcadesa mantivo un encontro co delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, xunto co presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito e o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector da AECT Río Miño, Uxío Benítez. O tema da reunión non eran as restriccións na fronteira de Galicia co Norte de Portugal, pero os representantes de ambos lados da raia aproveitaron para trasladar ao delegado o seu malestar pola decisión. Os pasos que están abertos as 24 horas do día, ata o 14 de febreiro, é o de Tui-Valença e o de Verin-Vila Verde da Raia. Solicitan que tamén estean operativos os de Tomiño-Vila Nova de Cerveira e Arbo-Melgaço ou que se reforcen con máis operativos para evitar as retencións.

Di a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, nos micrófonos de Si Radio que a mobilidade no Miiño supón o 47% dos vehículos que circulan pola fronteira entre España e o país luso.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS