Con 16 anos conducía un coche no centro da cidade de Lugo e o copiloto era o seu propio pai. A súa mala condución delatouno.
Axentes da Policía Local de Lugo sorprenderon a un menor de idade ao volante dun vehículo que circulaba de forma irregular por unha das rúas da cidade da muralla.
O mozo, de 16 anos, ía ademais en compañía do seu pai. Ocorreu o sábado pola tarde na rúa Santiago.
Os axentes instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria contra o menor de idade e contra o seu pai, como cooperador necesario, na modalidade de xuízo rápido.