viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaMáis de 1000 atletas disputarán O Porriño 10K

Máis de 1000 atletas disputarán O Porriño 10K

A clásica desenvolverase o domingo 30 de abril a partir das 10.30 horas polo casco urbano da vila

Os amantes do running poderán correr un ano máis polas rúas do Porriño. O vindeiro domingo 30 de abril disputarase unha nova edición de “O Porriño 10K”, unha carreira popular organizada polo Concello do Porriño e o Club Atletismo Porriño que foi presentada polo alcalde, Alejandro Lorenzo; a vicepresidenta do Atletismo Porriño, Lucía Novoa, e a secretaria do club, Deneb Álvarez.
Hai inscritas 1.032 persoas. Un dos atractivos da proba é que se trata da 10k homologada co circuíto máis rápido de Galicia, polo que os participantes teñen a posibilidade de firmar as súas mellores marcas persoais.
Cabe destacar que a carreira nas modalidades pitufos (nados entre 2016 e 2018) e chupetes (nados de 2019 en adiante) non require inscrición previa. Así, a cativada interesada en participar unicamente debe presentarse na liña de saída á hora estipulada, ás 12.45 horas os chupetes e ás 12.50 horas os pitufos.
Outorgaranse premios en metálico aos tres primeiros clasificados (feminino e masculino) da carreira 10k na categoría absoluta: 300 euros ao primeiro, 200 euros ao segundo e 100 euros ao terceiro.
Tamén se entregarán trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría (catro categoría na carreira de menores, dúas na 5K e tres na 10K).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS