Os sete presos do ‘procés’ que cumpren condena no cárcere sairon do cárcere o venres mostrando unha pancarta a favor da amnistía, despois de que a Generalitat lles concedese oxoves o terceiro grao penitenciario. Son o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras, os exconsellers Jordi Turull, Joaquim Forn, Raül Romeva e Josep Rull, o exlíder da ANC Jordi Sánchez e o de Òmnium Jordi Cuixart, que a partir de agora unicamente terán que acudir a prisión a durmir de luns a xoves. A súa saída coincide co inicio da campaña electoral en Cataluña para o 14-F.
Os sete presos amosaron á súa saída unha pancarta na que puña «Amnistía. Fagámonos libres». Agora poden saír a diario e participar na campaña electoral do 14-F.
O terceiro grao é efectivo xa, aínda que a Fiscalía terá oportunidade de recorrelo e solicitar que o xulgado o suspenda ata que resolva o Supremo, que é o que ten a última palabra nas clasificacións penais como tribunal sentenciador.
Antes que os presos de este cárcer de Lledoners, a exconsellera Dolors Bassa, condenada polo ‘procés’ saiu da prisión de Puig de les Basses, en Figueres (Xirona), facendo un chamamento á mobilización para «volver gañar» o 14-F.
No caso da expresidenta do Parlament Carme Forcadell, que tamén conta coa proposta do cárcere barcelonés de Wad Ras favorable ao terceiro grao, a Secretaría de Medidas Penais non resolveu aínda a súa clasificación. Forcadell está confinada na súa cela debido a un brote de coronavirus no centro penal e a súa corentena non termina ata a próxima semana.