viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaMos acolle un proxecto integrador para as persoas con discapacidade

Mos acolle un proxecto integrador para as persoas con discapacidade

Denominado `Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva´, ten por obxectivo impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e á vida independente de persoas con discapacidade

As entidades galegas representativas da discapacidade, COGAMI, Aspace Galicia, Autismo Galicia e Fegadace, xunto a outras 18 entidades de Andalucía, Aragón, Cataluña e Castela e León vinculadas ás confederacións estatais do Terceiro Sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, PREDIF, FEDACE e AUTISMO ESPAÑA), foron quen desenvolveron este proxecto piloto que pretende retrasar a non desexada institucionalización da persoa e favorecer a permanencia na contorna familiar, social ou comunitaria.

O proxecto Rumbo está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España, e ligado aos fondos Next Generation da Unión Europea. Representantes deste Ministerio, o director xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade, Jesús Martín, e a asesora do Gabinete da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, Berta González, desprazáronse ata o centro que COGAMI ten no Concello de Mos para coñecer en primeira persoa o desenvolvemento do proxecto piloto en Galicia.

En Mos, foron recibidos polas presidencias das catro entidades que participan neste proxecto Rumbo en Galicia, sendo Anxo Queiruga, presidente de COGAMI; Luciano Fernández, presidente de FEGADACE; Concepción Somoza, presidenta de ASPACE Galicia, e Mercedes Fernández, presidenta de Autismo Galicia. As presidencias estiveron acompañadas de persoal técnico das entidades, encargadas de aportar a experiencia sobre o desenvolvemento do proxecto, e de persoas con discapacidade beneficiarias directas das actividades do proxecto. Tamén se achegou ata as instalacións de COGAMI a concelleira de Política Social de Mos, Sara Cebreiro, tras participar neste proxecto coa sinatura dun dos convenios de colaboración asinado no mes de marzo no que o Concello cedeu un piso municipal na Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, para ser utilizado como vivenda de transición.

Na mellora da autonomía da persoa e evitando ou retrasando a súa institucionalización, as entidades galegas presentaron as accións realizadas na adecuación e personalización de vivendas, no testeo de ferramentas tecnolóxicas deseñadas por Vive Libre e no deseño de produtos de apoio baseados na impresión 3D. Visitouse unha vivenda de transición cara a vida independente, compartíronse as experiencias vinculadas aos Servicios Sociosanitarios de proximidade e tamén explicouse a función da figura da asistencia persoal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS