viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaTecnoloxía led de baixo consumo na EDAR de Guillarei

Tecnoloxía led de baixo consumo na EDAR de Guillarei

O Consorcio de Augas do Louro renova os sistemas de iluminación e reduce así nun 60% o consumo eléctrico e en 8,5 toneladas as emisión e CO2 á atmosfera

A instalación da EDAR de Guillarei, do Consorcio de Augas do Louro, vén de renovar os sistemas de iluminación, substituíndo todos os farois exteriores, tubos e proxectores existentes por outros de tecnoloxía led de baixo consumo. A actuación levouna a cabo Aqualia dando cumprimento ao acordo adquirido co Consorcio, que integran os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.
Esta renovación supón o cambio dun total de 639 luminarias nos diferentes edificios e nas zonas exteriores da Estación Depuradora de Augas Residuais, e con ela estímase que se acada un aforro do 60% no consumo eléctrico, á vez que se aumenta a vida útil das luminarias e se reduce a xeración de residuos, evitando así a emisión de ata 8,5 toneladas de CO2 á atmosfera.
A EDAR de Guillarei mellora así a súa sostibilidade e tamén a calidade da iluminación, aumentando a seguridade do persoal que desenvolve o seu traballo na instalación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS