viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaTeresa Portela protagoniza a sesión inaugural das II Xornadas Muller e Traballo

Teresa Portela protagoniza a sesión inaugural das II Xornadas Muller e Traballo

Organizadas polo CIM de Mos, rematan este xoves da man de Águeda Gómez que falará de “O malestar que non ten nome: académicas en tempos de pandemia”

Esta tarde rematan as II Xornadas Muller e Traballo do CIM de Mos nas que onte participou Teresa Portela. As sesións que hoxe se desenvolverán no Pazo de Mos son “O malestar que non ten nome” a cargo de Águeda Gómez da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. A conciliación en cifras. Logros acadados e retos por conseguir, por Tamara Miranda. Socióloga. Novas masculinidades e corresponsabilidade por Ramón Torrente. Psicopedagogo e axente de Igualdade. E Conciliación e corresponsabilidade dende o ámbito empresarial (charla). Para rematar, conclusión e peche da xornada.

Águeda Gómez Suárez, que falará sobre “O malestar que non ten nome: académicas en tempos de pandemia”. É Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Profesora titular de universidade na área de socioloxía. Doutora en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu o seu traballo de investigación sobre cuestións relacionadas cos prexuízos de xénero na ciencia e a sociedade dixital. Dirixiu dezaoito investigacións como Investigadora Principal e publicou once libros.
Na xornada inaugural, celebrada onte 19 de abril, contouse coa presenza da medallista olímpica Teresa Portela e o presentador deportivo da TVG, Terio Carrera.
A primeira sesión da tarde de onte comezou ás 16:00 H cunha charla sobre dereitos laboráis, excedencia por coidado de fillos/as segundo homes e mulleres, excedencias por coidado de familiares dependentes, e reducións de xornadas a cargo da ponente Beatriz Lago (Avogada).

Ás 16:50 H falouse sobre a carga mental, síndrome BURNOUT: a tarefa invisible das mulleres, a culpabilidade e o benestar emocional, como afecta á saúde a carga mental, estratexias para repartir o peso do fogar…. Conducirá a charla Fernando Tellería (Psicólogo).

Contouse tamén con intervencións institucionais a cargo de Elena Mancha, Directora de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e de Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos. E a máis esperada da tarde foi a intervención de Teresa Portela (deportista) e Terio Carrera (xornalista) sobre conciliación e corresponsabilidade: os valores e a corresponsabilidade, os valores que lle ensinamos aos nosos fillos/as coa nosa actuación, educar no modelo de corresponsabildidade, e métodos para evitar conflitos coas tarefas do fogar.

Teresa Portela, Subcampioa Olímpica en Tokio 2020. Primeira muller española en participar en 6 Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Beijing 2008, Londres 2012, Río 2016, Tokio 2020) con 5 diplomas olímpicos, e una medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 en K1 200 metros. Outro dos seus retos conseguidos foi compaxinar a súa carreira deportiva coa súa formación académica, graduándose no Grao de Fisioterapia e Diplomatura de Maxisterio de Educación Física. A todo isto, súmase a súa maternidade, a difícil tarefa de conciliar o traballo coa súa vida familiar.
A primeira xornada culminou coa charla sobre muller e discapacidade: dobre discriminación no acceso ao traballo, da man de Laura Freiría

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS