viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaCatro patas de apoio no Porriño

Catro patas de apoio no Porriño

Alumnado de ACEESCA participa de obradoiros de educación asistida con cans de terapia

A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño están a desenvolver un Programa de Intervencións Asistidas con Cans para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoyo Educativo (NEAE) do centro educativo de ACEESCA. O programa consta dunha ducia de sesións, todos os martes dende o 18 de abril ata o 20 de xuño.
Baixo o lema “4 patas de apoio”, profesionais dedicados ás intervencións asistidas con animais trasladan aos participantes os beneficios que achegan os cans aos seres humanos, mediante a súa incorporación en contextos terapéuticos, co obxectivo de proporcionar motivación e estímulo.
A través da alianza co can, o alumnado traballa as áreas que axudan ao seu desenvolvemento, promovendo a comunicación, o respecto, a autoestima e a valía persoal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS