sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaAs últimas tendencias, na "Porriño Fashion Weekend"

As últimas tendencias, na «Porriño Fashion Weekend»

O Concello, en colaboración co comercio local, organiza do 14 ao 16 de abril un evento de moda que contará coa actuación estelar da orquestra Panorama

Desfiles, música e moito máis é o que ofrecerá a primeira edición da “Porriño Fashion Weekend” que se desenvolverá dende este venres 14 ata o domingo 16 de abril.
O evento, que converterá a vila nunha gran pasarela de tendencias, arrancará o venres coa Shopping Night, unha noite de comercio aberto na que os establecementos da vila abrirán ata as 24.00 horas. Unha noite de compras na que haberá tamén djs, coctelería, sorteos e moitas propostas da man de comerciantes e hostaleiros.
O broche de ouro a esta primeira xornada será musical da man da orquestra Panorama que actuará a partir da medianoite na rúa Antonio Palacios (á altura do parque Ordóñez) e a continuación DJ DGrace. Reservarase unha zona para persoas con mobilidade reducida.
A programación continúa o sábado 15 coa Fashion Night. A partir das 19.00 horas a zona peonil transformarase nunha gran pasarela que mostrará as últimas tendencias en moda, peiteados e florería da man do comercio local. Zapatería, moda, roupa infantil e deportiva, complementos, peiteados, maquillaxe, vestidos de noiva e arranxos florais compoñen as propostas que lanzan os establecementos participantes.
A xornalista porriñesa Raquel Atanes será a encargada de presentar o desfile, que rematará coa música en directo de Manu Pereyra (en colaboración con Origen Café). De novo a xornada será clausurada con máis música, coa sesión dj na praza a cargo de DJ Raper & Traffic House.
O domingo 16 desenvolverase o Fashion Market, un gran mercado que se instalará na rúa Leandro Diz a partir das 16.00 horas.
O evento está organizado polo Concello do Porriño en colaboración cos comercios da vila, a asociación de hostaleiros AHOSPOR e a Xunta de Galicia.

Establecementos participantes: Addiction, Elisardo Moda, Ishop, Moda Click, Volvoreta, Zafiro, Topitos, Polisport, Mapa Porriño, Orevshop, Meigallo, Dana Shop, Brooklyn Moda, Suengas, Andreu, Minerva, Noa, Zapatería Tic Tac, José Vila Estilistas, Sencar Peluqueros, Blackbird, Xiada Costas, Merchy Díaz, Eliseo Peluquería, Ondas y Perfil, Dillarte, Abreu, Marisé, Xantar de Pepa, La de Chato, Nómadas, Scala, Francachela, Argentino 2, Hotel Parque, La Cueva, La Bendecida, El pincho, Origen Café, Underground, La Bici, Bolboreta, Galibar, El cincuentaicinco e a Vinoteca

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS