sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA folga de médicos nótase nos hospitais de Galicia

A folga de médicos nótase nos hospitais de Galicia

Pouca incidencia na atención primaria pero considerable nos hospitais galegos a folga de médicos este martes convocada pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM).

No servizo de xinecoloxía e obstetricia do Materno da Coruña; en Cardioloxía e Pediatría, en Vigo, notouse especialmente. En canto aos Médicos Interno Resindete (MIR) faltaron practicamente todos. 

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia estima que na área de Vigo o 70 % dos facultativos secundaron o paro no hospital e o 40 % en primaria, descontando os servizos mínimos.

A folga reivindica mellores condicións laborais para os médicos. Entre as súas peticións está a semana laboral de 35 horas, algo que o Sergas matizou que agora mesmo é imposible levar a cabo porque implicaría a máis de 2.300 profesionais, a actualización do prezo da hora de garda ou a ampliación do complemento específico a todos, xa que agora só o cobranos que traballan en exclusiva no sector público.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS