miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasLouriñaCharla sobre o espectro autista na infancia en Mos

Charla sobre o espectro autista na infancia en Mos

Será ofrecida pola psicóloga e escritora Marlene Horna, o 15 de abril na axencia de colocación, con inscrición previa

Desde a Concellería de Educación do Concello de Mos púxose en marcha, para celebrar o próximo sábado 15 de abril, de 10.00 a 14.00 horas, unha charla para familias sobre o espectro autista.
Será impartida nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello de Mos por Marlene Horna, psicóloga que dende fai máis de dúas décadas traballa apoiando a persoas no espectro do autismo e ás súas familias.
Horna é autora do libro “Nenos e nenas no espectro do autismo, comprensión e estratexias prácticas de apoio educativo”. Nesta obra a psicóloga abarca, cunha visión proactiva, positiva e optimista, a comprensión e/ou apoio ás persoas en todo o amplo espectro do autismo baixo un enfoque práctico.
Coa formación organizada en Mos para as familias, búscase por en marcha os apoios necesarios que promovan o desenvolvemento persoal dos menores, co fin de que desfruten do seu dereito a unha vida plena, digna e feliz, participando e contribuíndo na comunidade.
As persoas interesadas en participar nesta charla formativa deberán inscribirse previamente no teléfono 986 339 404, ou enviando un correo electrónico cos seus datos ao enderezo educa@concellomos.es

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS