sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGolpe ao tráfico de heroína en Nigrán con 25 quilos incautados

Golpe ao tráfico de heroína en Nigrán con 25 quilos incautados

Unha operación da Brigada de Estupefacientes (UDYCO) da Policía Nacional de Pontevedra deixa dous detidos en Nigrán e a incautación de 24,5 quilos de heroína.

O inspector da UDYCO, José Abreu, que dirixiu a investigación, a droga comisada é de grande pureza e «é preciso cortala, senón sería auténtico veleno para os consumidores».

A policía calcula que ese primeiro corte antes de poñelo no mercado para a venda ao por maior daría un total de 65 quilos de droga que alcanzarían un valor superior ao millón e medio de euros.

O inspector Abreu explicou que os investigadores tiñan coñecemento de que grupo organizado estaba introducindo grandes cantidades de heroína que facían chegar dende o norte de Europa. O seu destino era a distribución por Portugal e España, «pero evidentemente por onde pasa, algo queda», di o inspector.

Este domingo pasado o seguimento deu na detención de dúas persoas nun coche que interceptaron en Nigrán. No vehículo había 20 quilos de heroína. Catro quilos e medio máis foron atopados noutro coche nun garaxe desta vila pontevedresa.

Os dous detidos son un home e unha muller, de nacionalidade española, e residentes en Galicia. Contan con antecentes.

O inspector Abreu explicou na súa comparecencia que a heroína «é raro que chegue por mar». «Case todas as operacións son con ocultación en coches ou camións con dobres fondos», dixo.

Nos últimos dez anos desde a comisaría da Policía Nacional en Pontevedra incautáronse de máis de 200 quilos de heroína. «É unha auténtica barbaridade», di o inspector que di que explica que esas grandes cantidades teñen unha explicación: ás organizacións internacionais gústalles tratar cos narcos galegos porque «son serios traballando».

A operación foi saúdada polo comisario xefe de Pontevedra, Juan José Díaz Jiménez, e pola subdelegada do Goberno, Maica Larriba, que felicitaron aos axentes que a levaron a cabo.

Larriba dixo que a retirada do mercado desta droga «é saúde».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS