Entrevista co candidato do PP, Miguel Domínguez.
O Partido Popular avanza en Si Radio de Galicia que unha das súas propostas é «crear unha tarxeta de bonificacións para os veciños e as veciñas que vivan na Cañiza». Ademáis, apunta que «urxe recuperar os servizos que pechou o actual alcalde, Luis Piña» e explica o programa para os 100 primeiros días de goberno no caso de que o PP consiga o bastón de mando da capital da Paradanta.