sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaO saneamento no Camiño da Coutada en Louredo iníciase a vindeira semana

O saneamento no Camiño da Coutada en Louredo iníciase a vindeira semana

O tramo da nova rede do colector supera os 800 metros lineais de lonxitude

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que o Concello de Mos xa ten contratada e adxudicada a acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”.
Trátase dunha obra integramente financiada con fondos propios municipais cuxo orzamento ascende a 109.968,55 euros.
Os representantes municipais anunciaron, así mesmo, que as obras necesarias para realizar o “saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”, indicadas para completar as redes de sumidoiro, iniciaranse a vindeira semana e permitirán que dita acometida de saneamento dea servizo á máxima extensión do Concello en xeral e da parroquia de Louredo en particular.
As obras consisten na canalización das diferentes tubaxes de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: escavacións, pozos, reposicións….
As obras obxecto do presente proxecto consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Levarase a cabo a execución de 807,04 metros lineais de saneamento no camiño da Coutada.
Entre as actuacións previa á obra proxéctase o corte e demolición de pavimento en todos os ramais, onde está previsto repor o firme na zona de apertura de gabia. Procederase á escavación da gabia e posterior recheo e compactación da mesma. Para a rede de saneamento instalarase un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento ás vivendas situadas nos marxes das zonas obxecto dos traballos e que actualmente carecen del.
As obras permiten que o trazado do colector discorra por terreos de titularidade pública ou particulares co conseguinte permiso de paso.
O prazo de execución que se estima para a execucións das obra é de tres meses, incluíndo o estudo e preparación das mesmas. Dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da sinatura da Acta de Comprobación do Replanteo, entre a dirección de obra e a empresa contratista da mesma.
Tralos traballos de acometida da instalación da nova rede de saneamento en Louredo procederase á reposición da gabia con 20 centímetros de agregado e 5 centímetros de mestura bituminosa en quente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS