sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaPresentado o anteproxecto para completar a mellora da Estrada Pereiras-Tameiga

Presentado o anteproxecto para completar a mellora da Estrada Pereiras-Tameiga

O Concello de Mos celebrou unha reunión coa veciñanza sobre as cesións necesarias para esta senda que dá continuidade ao Plan Mos Humanizado

O Multiusos das Pozas acolleu a xuntanza á que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, demais membros do equipo de goberno local e técnicos redactores do documento, e na que se presentou do anteproxecto de finalización da mellora da Estrada Pereiras-Tameiga.
Para a xuntanza convocouse aos veciños propietarios de terreos aos que lles influirá a obra, tras terse comprobado o ámbito de afección coa realización dun levantamento topográfico. Na reunión tratouse tamén sobre os trámites necesarios para a cesión de terreos.
Co estaquillado realizado durante o levantamento topográfico marcáronse as cesións necesarias para completar a mellora da Estrada Tameiga-Pereiras.
Realizouse unha medición pormenorizada, para así poder, agora, celebrar esta reunión coa veciñanza na que se lles indicou en detalle o trazado exacto da nova senda e o seu deseño definitivo.
Esta nova senda peonil dará continuidade ao Plan Mos Humanizado e irá precedida da remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.
Que se completase a humanización da estrada Pereiras-Tameiga era unha importante demanda veciñal, de aí que as reunións cos veciños da zona, de cara a tratar o trazado exacto da nova senda, comezaran xa hai máis dun ano. A primeira das xuntanzas coa veciñanza para explicarlles o proxecto realizouse o 1 de decembro de 2021 no Multiusos das Pozas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS