sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaO colexio de Budiño celebra a súa Olimpíada da Rosca

O colexio de Budiño celebra a súa Olimpíada da Rosca

O evento, organizado polo centro escolar e a ANPA, xunta deporte e gastronomía

Como cada curso dende hai xa 33 anos o CEIP Cruz Budiño celebrou a súa tradicional Olimpíada da Rosca.
Trátase dun evento previo ás vacacións de Semana Santa no que o deporte se conxuga coa gastronomía e estudantes, profesorado e pais calzan as deportivas para festexar xuntos.
Desta vez participaron nas carreiras de atletismo preto de 150 cativos e cativas, e tamén o fixeron uns 50 pais e nais que se sumaron á proba que se disputa na contorna do colexio.
Para recuperar forzas unha vez rematada a xornada deportiva houbo rosca para todos!
Este evento ten unha gran tradición no cole de Budiño e dende que se puxo en marcha nin a pandemia foi quen de paralo. Ese ano a Olimpíada da Rosca foi virtual e os anos seguintes modificouse para cumprir coas restricións sanitarias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS